"Algo verdadeiramente importante"

Este tablón gustaríame facelo na miña lingua para que vexades o moi en serio que o digo.

              Hai persoas coas que dende sempre compartiches momentos importantes, momentos moi duros e dificiles nos que fixeron de bastón, momentos nos que sentías que o mellor estabas moi só e non tiñas a ninguén, nin se quera un sorriso que che iluminara o día. Existe moita xente, que non persoas, que dín que teñen moitísimos amigos que o darían todo por eles. ¿E iso certo? ¿E verdade que cando estes nun problema todos ese amigos que tes vanche salvar? Non o creo, unicamente creo que na maioría dos casos vale mais o interes que o ben da persoa en cuestión, de facer unha fachada na que refuxiarse cando estás só no teu cuarto. Pero logo están esas persoas, que non son xente calqueira, son persoas con carisma propia, cun don especial que as fai únicas e irremplazables. Esas persoas as atopas o longo do teu camiño na vida, ese camiño que escribes todos os dias cando te levantas pola mañá, ou pola tarde se tes resaca, ou mesmo xa nun día non te levantas. Moitas veces a vida dache algún que outro desgusto, por mor de terceiros, ou por erros propios, pero tamén dache moitas alegrías, e hoxe quero agradecerlle a vida unha alegría moi grande chamada Elisa Uriarte.

Ben sei que as amizades construense co paso dos anos e dos ventos, pero neste periodo tan curto, esta mulleriña de Lugo plantou unha fermosa semente nas vidas de moitas persoas, e por suposto na miña tamén.

"Antonte dinche un agasallo que saiume de corazón, e o longo dos anos dareiche un máis importante todavía, non che darei nin claveis nin rosas,  regalareite un soriso cada día."

Felices 18 Elisa, que cumpras moitos mais co SOLAS en vea, e non nos rimos, porque sabemos que é moi grave {:-)


Entradas populares de este blog

No enemies

Las pilas de Nesperino

Ratón y mantequilla